A PSP podería estrear tenda virtual descargas musicais e aluguer de xogos

xoves, 21 de maio do 2009 Marcus Fernández

A probable eliminación do lector UMD das futuras consolas portátiles de Sony non é o único ruxerruxe que circula sobre a PSP, e agora son insistentes as informacións que apuntan a que Sony podería estar planeando a incorporación dun sistema de aluguer dixital de xogos para a PSP e mesmo a incorporación dunha tenda de descargas musicais, o que practicamente equivalería a seguir os pasos de iTunes, modelo de negocio que no iPhone é un éxito rotundo, polo que non debería sorprender que vaia a ser ben recibido na PSP.
Moitos xa dan por feito que Sony dará este paso, e debaten sobre o formato musical que empregará a compañía, posto que non parecería moi razoable que fixese uso de ficheiros MP3 sen protección DRM, senón que deberían optar por unha tecnoloxía que garanta o respecto ao dereitos de autor, o que Sony intentou popularizar sen éxito no pasado, o que fai que esta polémica resulte tan interesante. ¿Será agora o momento de volver a protexer a música con métodos DRM?

PUBLICIDADE