A PS3 duplicará a súa capacidade de disco en setembro

mércores, 16 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Sony presentou no E3 moitos dos xogos que chegarán nos vindeiros meses para a súa PS3, pero a principal novidade parece ser o modelo de 80 Gb da súa consola de alta definición, que comezaría a venderse en setembro e sería a sucesora do modelo de 40 Gb, e que nos EE.UU. se venderá por 399,99 dólares (que en Europa podería custar 399,99 euros) ou sexa, que na práctica sería a duplicación da capacidade da PS3, medida que podería vir forzada pola tendencia crecente da necesidade de instalación en disco de moitos xogos coma GTA IV e Soul Blade IV, que reducen considerablemente a capacidade de almacenamento multimedia da consola de Sony.
De todos os xeitos, moitos usuarios de seguro que preferirían unha baixada de prezo a unha mellora do almacenamento, pero parece que Sony continúa a perder cartos con cada consola vendida, de aí que non se lance a unha guerra de prezos cos seus rivais (continuando a custar a PS3 case tanto como unha Wii e unha Xbox 360 xuntas).

PUBLICIDADE