A PS3 actualiza o seu firmware á versión 3.40

martes, 29 de xuño do 2010 Marcus Fernández

A PS3 permite agora a edición e carga de vídeos á Internet

Os usuarios da PlayStation 3 xa poden descargar unha nova actualización do seu sistema (que chega así á versión 3.40) que inclúe a posibilidade de adquirir unha subscrición a PlayStation Plus (servizo Premium que permite acceder a xogos e ofertas especiais, contidos exclusivos, probas de xogos de balde, descargas automáticas e, de contratarse antes do 3 de agosto, o xogo LittleBigPlanet de balde) e outras novidades coma unha nova galería de fotos (que permite cargar, navegar e comentar fotografías en Facebook e Picasa), unha ferramenta para editar a subir vídeos (tanto a Facebook como a YouTube), un sistema de puntuación de 5 estrelas (para valorar os contidos descargados) e novas opcións de aforro de enerxía.

Comentar fotografías dende a PS3 incrementa as posibilidades sociais da consola de Sony

PUBLICIDADE