A Oficina de Emprego Virtual beneficiou a máis de 60.000 persoas durante 2011

xoves, 1 de marzo do 2012 Redacción

A directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz, participou hoxe na inauguración da Xornada sobre portais de emprego e redes sociais que está a desenvolverse en Ferrol, onde anunciou que o portal de emprego da Consellería de Traballo e Benestar rexistrou 336.000 accesos á oficina de emprego virtual durante 2011, realizados por preto de 60.000 persoas, das que 3.900 accederon empregando o certificado dixital da FNMT e 1.180 o DNIe.
Días explicou que estas 60.000 persoas realizaron máis de 58.000 renovacións de demanda, preto de 20.000 adscricións a ofertas e máis de 25.000 solicitudes de cursos de formación sen necesidade de achegarse á oficina de emprego física, incrementándose as renovacións un 135% con respecto a 2010. Temos así que o uso das TIC evitou a realización de máis de 126.000 desprazamentos a oficinas de emprego, o que supuxo un importante aforro para os cidadáns que fan uso destes servizos.
O portal de emprego conta coa oficina de emprego virtual dende decembro de 2009, e os seus servizos electrónicos complétanse cos puntos de información instalados ao longo da nosa comunidade autónoma.
Ao longo do presente ano poranse en marcha novos servizos do portal de emprego, como a reactivación da demanda (para o que será preciso DNIe ou certificado dixital).

PUBLICIDADE