A OMIX de Boiro ofrece unha manchea de obradoiros de autoformación TIC para a mocidade

venres, 12 de xuño do 2020 S. P.

A Oficina Municipal de Información á Xuventude do Concello de Boiro (a OMIX de Boiro) está de volta, achegando actividades formativas e poñendo o foco na capacitación tecnolóxica da xente nova, unha cuestión básica para o seu futuro laboral e, tamén, para facer fronte a adversidades sanitarias e/ou económicas como a que estamos a vivir. Con este obxectivo, a OMIX promoveu uns obradoiros de autoformación en novas tecnoloxías para a mocidade, que se van impartir na aula CeMIT de Boiro. Estes cursos vanse realizar de xeito telemático e o prazo de inscrición está aberto durante todo o ano.
Os obradoiros de autoformación en novas tecnoloxías inclúen unha manchea de actividades, que van dende o manexo dos libros electrónicos, as cámaras dixitais ou as tabletas, ao aproveitamento das redes sociais, á creación do blogs, á realización de trámites por Internet, ás compras virtuais, á seguridade informática ou ao comercio electrónico.
Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro Social de Boiro, ou poñerse en contacto coa aula CeMIT mediante o enderezo electrónico axentetic@gmail.com ou o teléfono 981 84 26 35.

PUBLICIDADE