A Mesa lanza web para impulsar o cinema galego en todas as plataformas
martes, 24 de xullo do 2018
A
Mesa pola Normalización Lingüística vén de pór en marcha unha
páxina web para reivindicar, defender, visualizar e preservar o
cinema galego e feito na nosa lingua, tanto nas canles tradicionais
como (sobre todo) en plataformas dixitais como Netflix ou demais. A
páxina en cuestión, www.manifestocinemagalego.gal,
acompáñase dun manifesto presentado na véspera do Día de
Galicia (O cinema heroico galego) que conta co apoio de 150
profesionais do sector e diversas compañías e entidades.
Entre
estas compañías e entidades atópanse a Academia Galega do
Audiovisual, a Asociación de profesionais da dobraxe, a Asociación
de Produtoras Independentes ou Asociación Galega de Actores e
Actrices, entre outras. Na páxina web, A Mesa fai un chamamento a
prol dun manifesto arredor do cal, din, cómpre pechar fileiras e
achegar a nosa sinatura.
O
presidente da Mesa Marcos Maceira, argumentou na presentación da
campaña e do sitio en liña que “no século XXI, sen audiovisual,
sen cinema non podemos inmortalizar a nosa historia nin aquilo que
queremos dicir como pobo”. Ao seu xuízo, “a realidade é que
temos unha escena galega que actúa e temos un cinema galego que fai
moito esforzo por existir malia todas as trabas, un verdadeiro
esforzo heroico”. Maceira salientou “a capacidade creadora do
pobo galego exemplificando como a pesar da ditadura e dos séculos
escuros a literatura galega floreceu e deu grandes escritores e
escritoras”.
Para
A Mesa é “unha anomalía que o galego non teña presenza na
televisión, nas salas de cinema en Galiza ou nas novas plataformas
dixitais como Netflix cando noutras linguas como o euskera e o
catalán si hai presenza”. Segundo engadiu Maceira “é unha
cuestión de dignidade que o pobo galego poida expresarse e desfrutar
dun sector audiovisual en galego” por iso non se poden consentir os
problemas que poñen as distribuidoras para proxectar filmes en
lingua galega ou o desleixo total da Xunta de Galiza de promover o
sector audiovisual.
Quen
asina o manifesto pode verse en www.manifestocinemagalego.gal/
e desde as entidades fan un chamamento a apoialo masivamente para que
se vexa “o sentir do pobo galego que demanda de cinema na súa
lingua”.