A LaconNetwork despedirá o verán en Monterroso

venres, 23 de agosto do 2013 Marcus Fernández

O encontro gastronómico de emprendedores e profesionais do sector tecnolóxico galego, LaconNetwork, pechará o mes de agosto achegándose ao interior de Galicia, máis concretamente á área recreativa e natural de A Peneda, nas beiras do río Ulla. O habitual lunchworking desenvolverase en Casas de A Peneda na Avda. Edil Luís García Rojo de Monterroso, onde ilustrarase aos presentes sobre o coworking e a súa implantación en Galicia grazas á presenza de varios xestores de espazos de coworking.
Neste encontro picaranse produtos da comarca da Ulloa, pasearase polo bosque da ribeira do Ulla e incluso poderase gozar das augas do río ou das piscinas que están a disposición dos visitantes deste atractivo enclave, polo que dende a organización recomendan aos participantes que veñan acompañados das súas familias, para poder completar dun xeito máis lúdico e familiar a xornada.
Os interesados en participar deberán inscribirse na páxina web da LaconNetwork e aboar 16 euros para sufragar o xantar.

A Peneda ten un contorno natural ideal para gozar en familia

PUBLICIDADE