A Internet Movie Data Base estrea dominio .es

luns, 28 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Os afeccionados ao cine teñen coma referente informativo na Internet a popular base de datos iMDb, que durante os últimos anos está dispoñible en español dende o enderezo spanish.imdb.com, pouco coñecido, polo que decidiron estrear un dominio .es para facilitar o acceso ao seu servizo en español.
Agora, dende imdb.es temos os datos da Internet Movie Data Base coa súa interface en español, e cunha páxina de entrada adaptada aos intereses dos cinéfilos españois. Se ben, os contidos xerais da páxina web non cambian con respecto da versión en inglés ou en español, o lanzamento desta nova edición española podería aproveitarse para dar a coñecer novas locais, así como para o lanzamento de campañas publicitarias (como xa están a facer neste preciso intre), polo que entendemos que este novo xeito de acceder ao iMDb corresponde principalmente a intereses comerciais.

PUBLICIDADE