A Intelixencia Artificial ao servizo do galego, polo miúdo nun encontro virtual este venres

mércores, 26 de maio do 2021 S. P.

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) organiza o encontro virtual Intelixencia Artificial ao servizo da lingua en conmemoración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2021. Será este venres 28 de maio ás 11.00 horas e contará coa participación da asociación PuntoGal, impulsora do dominio galego e unha das entidades máis activas á hora de dinamizar a presenza da nosa lingua e a nosa cultura nas redes.
Enmarcada nos actos de conmemoración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, a xornada consistirá nun coloquio no que intervirán os máximos representantes de ambas entidades, Manuel González González, presidente de PuntoGal e Julio Sánchez Agrelo, presidente da AETG, moderados polo xornalista Manuel Blanco Casal. O evento celebrarase a través da plataforma Zoom.
A actividade da AETG abéirase ao plan de accións de difusión derivado do convenio formalizado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) para a posta en marcha de actividades para o fomento da Sociedade da Información durante o ano 2021.

PUBLICIDADE