A III edición de Altia Premia TFG ETSE xa ten gañadora

luns, 28 de febreiro do 2022 S. P.

O xurado do III Altia Premia TFG da ETSE, composto por profesionais de Altia e a Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela, seleccionou á gañadora desta nova edición. Celia Fernández Pérez, co seu traballo fin de grao titulado Programación dun nodo IoT autónomo con comunicación sen fíos, foi galardoada co premio de 1.500 euros, despois de que o cinco finalistas presentasen os seus TFG o pasado 24 de xaneiro no salón de actos da ETSE, na Universidade de Santiago.
Tanto os responsábeis da escola como da empresa de novas tecnoloxías con sede en Oleiros (A Coruña) felicitaron ás e aos finalistas pola “boa calidade e o bo nivel das presentacións realizadas”.
O premio será entregado durante os actos do día da Escola de Enxeñaría 2022.
Altia Premia TFG ETSE é unha iniciativa conxunta de Altia e a ETSE que naceu co obxectivo de recompensar o talento, a paixón e o esforzo dos estudantes do Grao en Enxeñaría Informática da Universidade de Santiago de Compostela.

PUBLICIDADE