A Galipedia celebra a segunda wikimaratona do DÃa Internacional da Muller
mércores, 6 de marzo do 2019
Co
gallo do DÃa Internacional da Muller (este 8 de marzo), e ao abeiro
dos actos de celebración do décimo sexto aniversario da Galipedia
(a Wikipedia en galego), a comunidade responsábel do mantemento e
medre da enciclopedia dixital galega vai organizar a
Segunda Wikimaratona do DÃa Internacional da Muller. Desenvolverase
o sábado 9 de marzo en Ourense.
A
idea principal da actividade consiste en editar artigos na Galipedia
relacionados con mulleres destacadas, xa sexa creando artigos novos
ou mellorando os existentes. Segundo informa a comunidade, para
participarmos non é preciso que sexamos editoras ou editores
habituais, pois o evento comezará cun obradoiro de iniciación á
edición de artigos para tódolos participantes. Podemos consultar
todos os detalles da actividade na
propia web da Galipedia ou no teléfono 689 884088. Os únicos
requisitos previos para participar nesta actividade son ter unha
conta de usuaria/o.