A Fonsagrada e Negueira de Muñiz recibirán mellor sinal de TDT

martes, 15 de febreiro do 2011 Raquel Noya

Grazas a unha lixeira modificación que se vai levar a cabo nos centros emisores da Fonsagrada II, Noceda e Estoupelo, os veciños da Fonsagrada e Negueira de Muñiz, van ver mellorado o seu sinal de Televisión Dixital Terrestre a partir do vindeiro 21 de febreiro.
Nesa data está previsto realizar un cambio de canles que afectará ao múltiplex autonómico, que proporciona o sinal de TVG, tvG2, Popular TV e V Televisión.
Unha vez rematado este cambio de canles, os telespectadores dos devanditos concellos lucenses, deberán resintonizar os seus equipos receptores para poder ver TVG, tvG2, Popular TV e V Televisión pola nova canle.

PUBLICIDADE