A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación renova a súa páxina web

mércores, 7 de setembro do 2011 Marcus Fernández

Josefa Piñeiro, Daniel Martí e David Cegarra durante a presentación da nova páxina web

A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo estrea feitura da súa páxina web, que aparte dun cambio estético tamén supón a creación dunha comunidade virtual que facilita aos seus usuarios o contacto e o intercambio de información. O novo espazo virtual foi deseñado polos alumnos do centro Josefa Piñeiro e David Cegarra. Precisamente foi este último, alumno de 3º de Publicidade e Relacións Públicas e responsable do nova estética da páxina web, quen asegurou durante a presentación da nova páxina web que «é un proxecto de todos e se manterá viva grazas á colaboración da xente».
A páxina web da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación naceu en 2003 como resultado dun proxecto de fin de carreira de Publicidade e Relacións Públicas, e agora foi a alumna de 3º ciclo da Facultade a que desenvolveu toda a súa arquitectura de contidos «pasando dunha páxina en HTML estática a un espazo dinámico aberto para o diálogo e que sexa quen de amosar a actividade diaria da institución», para o que tiraron proveito da solución de código aberto Joomla.

A nova páxina web foi desenvolvida por alumnos do centro

PUBLICIDADE