A FIC da UDC reúne ao secretario xeral de Universidades cos coordinadores dos mestrados de excelencia
xoves, 4 de maio do 2023
- A Universidade da Coruña lidera en Galicia a listaxe de excelencia nos seus másteres con sete tÃtulos distinguidos con esta mención
Este xoves 4 de maio o reitor da Universidade da Coruña (UDC), Julio
Abalde, e a vicerreitora de Planificación Académica e Innovación
Docente, Nancy Vázquez, reunÃronse na Facultade
de Informática da Coruña co
secretario xeral
de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto DÃez de Castro
para manter unha xuntanza de
traballo, na que tamén estiveron presentes o decano do
centro, Mariano Cabrero, con vistas a recibir aos coordinadores e
coordinadoras dos mestrados (masters) que obtiveron a mención
de excelencia da Xunta de Galicia para analizar a súa repercusión
nas titulacións.
Esta distinción, impulsada pola ConsellerÃa de Cultura, Educación
e Universidade, acredita, por unha banda, o nivel académico e a
solvencia cientÃfico-técnica dos estudos que conseguen este
recoñecemento; e, por outra banda, tamén supón unha garantÃa de
futuro para o alumnado. A obtención deste selo, que ten unha
vixencia de cinco anos e con posibilidade de renovación, permite ás
titulacións seleccionadas participar do apoio económico que posúen
as accións de mellora da calidade do Plan Galego de Financiamento
Universitario.
Para a concesión do selo tivéronse en conta os criterios de
avaliación establecidos na convocatoria, que inclúen aspectos
xerais do mestrado como a taxa de ocupación, entidades públicas e
privadas que colaboran directamente co mestrado, procedemento de
selección do alumnado, porcentaxe de alumnado estranxeiro e
existencia de titorización e mentorización individual. Outros
aspectos que se tiveron en conta foron os resultados do mestrado
(enquisas e satisfacción, seguimento dos egresados no mercado
laboral…), a estratexia (visión, misión e desenvolvemento futuro
do master, o plan de xestión para os cinco
vindeiros anos académicos e as melloras previstas en caso de obter a
mención), o plan de estudos (porcentaxe de prácticas no plan de
estudos, créditos adicados a prácticas obrigatorias en empresas,
emprego de metodoloxÃas docentes innovadoras), o profesorado, ou as
estratexias de emprendemento.
Os mestrados premiados con esta distinción son o Máster
Universitario en EnxeñarÃa en Informática (MUEI) no curso 19/20, o
Máster Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde
(MUBICS) no curso 20/21 e os Máster Universitario en Matemática
Industrial (MUMI) e Máster Universitario en Computación de Altas
Prestacións (MUCAP) no curso 21/22, estes últimos
interuniversitarios. Cómpre salientar que nas tres convocatorias,
das nove concesións ao Sistema Universitario Galego, a Universidade
da Coruña é a que ostenta o maior número, pois aos mencionados
súmanse o Máster Universitario en BioloxÃa Molecular, Celular e
Xenética, o Máster Interuniversitario en BiotecnoloxÃa Avanzada e
o Máster en Produción XornalÃstica e Audiovisual.