A Editorial Galaxia avanza na súa transformación dixital

mércores, 28 de setembro do 2022 Redacción

Marta Fernández-Tapias, delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, visitou hoxe as instalacións da Editorial Galaxia para coñecer de primeira man o novo proxecto que conta co apoio da Axencia Galega de Innovación para a transformación dixital do sector cultural na área metropolitana.
Os responsables da editorial viguesa explicaron á representante autonómica a iniciativa que xa está en marcha para crear un departamento de I+D+i e integrar unha nova liña de negocio de impresión baixo demanda co obxectivo de abaratar a creación e edición de publicacións. Ademais, explicaron na súa sede da Avenida de Madrid os plans de futuro para dixitalizar a histórica e recoñecida firma coa incorporación de novas tecnoloxías.
Así, gracias ás axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas da Axencia Galega de Innovación, a Editorial Galaxia recibiu no programa Innova Peme de este ano 2022 un total de 83.054 euros para poñer en funcionamento o seus proxectos. O importe total das subvencións para a mellora da capacidade de innovación das empresas na área de Vigo, a través do financiamento das actividades integradas en plans de innovación enmarcados en prioridades estratéxicas da RIS3 Galicia 2021-2027, ascendeu a un total de 475.829 euros.

PUBLICIDADE