A EGAP acolle hoxe un dos curso do Programa Voluntariado Dixital

xoves, 19 de abril do 2012 Redacción

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolle hoxe o o curso Voluntariado e Habilidades Sociais, que forma parte do itinerario formativo do Programa Voluntariado Dixital, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Consellería de Traballo e Benestar.
O obxectivo do Programa de Voluntariado Dixital, é contribuír a través da colaboración e compromiso de persoas voluntarias, á incorporación das novas tecnoloxías á vida cotiá de toda a cidadanía galega, centrándose nesta primeira fase nos colectivos de maiores e persoas con discapacidade.
A formación dos 137 voluntarios e do persoal das e entidades colaboradoras inscritas no programa comezou o pasado 20 de marzo e consta de seis módulos cun total de 140 horas de formación tanto en liña como presencial. O módulo Voluntariado e Habilidades Sociais, que se imparte hoxe, busca canalizar claramente as necesidades e expectativas do colectivos aos que se dirixe o voluntariado dixital e ofrecer regras prácticas para desenvolver habilidades sociais coas persoas maiores e persoas con discapacidade que sexan usuarias do programa.
A acción formativa materialízase grazas á colaboración altruísta e desinteresada da Universidade Senior da Universidade da Coruña, entidade colaboradora do programa Voluntariado Dixital a través da cal se imparten estudos destinados a un sector da sociedade maior de 50 anos que concluíu a súa vida laboral e demanda un novo tipo de formación actualizada e axeitada ás súas inquedanzas formativas e intereses culturais.

PUBLICIDADE