A Dirección Xeral de I+D convoca os seus premios para impulsar o espírito científico entre a mocidade

venres, 21 de decembro do 2007 Fernando Sarasketa

A Dirección Xeral de I+D convocou este venres a sexta edición do Premio Galicia Innovación Junior, encamiñado a fomentar vocacións científicas e investigadoras entre a mocidade galega (con idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos). Segundo apunta o departamento da Consellería de Innovación, os rapaces e rapazas que queiran concorrer no certame terán que presentar un proxecto de desenvolvemento dun novo produto, servizo ou sistema antes do 31 de xaneiro.
Os mozos e mozas poderán participar a título individual ou en grupos dun máximo de tres membros e contar co asesoramento dos mestres no deseño da súa proposta.
O galardón costa de dúas categorías: de 12 a 15 anos e de 16 a 18 anos, ambos incluídos. As bases para concorrer e os datos referentes ó concurso figuran na páxina da Consellaría de Innovación e Industria: www.conselleriaiei.org e na do premio: www.galiciainnovacion.com.
As solicitudes deberán presentaranse no rexistro da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, da Xunta de Galicia (rúa Feáns, 7, local C, C.P. 15706 Santiago de Compostela), ou por calquera dos procedementos previstos legalmente.

PUBLICIDADE