A Deputación de Pontevedra organiza en xuño 36 obradoiros TIC
luns, 6 de xuño do 2016
O Centro
Provincial de Asesoramento Empresarial da Deputación de Pontevedra,
o CPAE 2.0, desenvolverá ao longo deste mes de xuño 36 obradoiros
ao abeiro da súa programación de eventos informativos sobre novas
tecnoloxÃas da información. Como recordaremos a rede CPAE 2.0 é un
servizo de asesoramento TIC para as empresas e está composto por
seis centros situados en LalÃn, Cambados, Pontevedra, Vigo,
Ponteareas e O Porriño. O CPAE 2.0 ten como obxectivo potenciar o
desenvolvemento económico da provincia a través das tecnoloxÃas,
aumentar a produtividade, introducir a innovación, facilitar a
implantación do comercio electrónico e impulsar a venda en liña.
En Cambados, no Centro ExpoSalnés, os obradoiros
serán Xestiona o teu negocio dende o móbil (o martes 7),
Edición de fotografÃa para plataformas de comercio electrónico
(o luns 13), Vén descubrir que son e para que serven as redes
sociais (o xoves 16), Sácalle partido á túa conta de Gmail
(o martes 21) e, por último, Emprego de vÃdeos nas redes
sociais: Youtube, Periscope…(o mércores 29), todos en horario
de 19:00 horas. A eles haberÃaselle que engadir o de A túa
información sempre á man, almacenamento na nube que tivo lugar
o pasado dÃa 2.
En LalÃn, no Viveiro de Empresas do PolÃgono LalÃn
2000, Redes sociais para a venda (o luns 6), Como mellorar
a percepción da túa clientelas cos teus e-mails? (o xoves 9), A
túa páxina web en menos de 90 minutos (o martes 14), Facebook
Ads (o luns 20), Saca as túas fotografÃas para o comercio
electrónico (o mércores 22) e, por último, Como empregar
Google e Google Apps for Business (o martes 28), todos en horario
de 19:00 horas.
No concello do Porriño, no Multicentro municipal,
as actividades serán as de Sácalle partido á túa conta de
Gmail (foi o sábado 4 ás 11:00 horas), Vén descubrir que
son e para que serven as redes sociais (o venres 10), Google
Analytics: iniciación á analÃtica web (o martes 14), Medios
de pago: novas tecnoloxÃas aplicadas ao pagamento (o xoves 16),
FotografÃa con smartphone: PIXLR para Android e iOS (o luns
20) e Promove o teu perfil en Facebook con aplicacións externas
(o xoves 30), todas elas, agás a primeira, a partires das 19:00
horas.
No caso de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento
Local, as actividades serán Promove o teu perfil en Facebook con
aplicacións externas (o mércores 8), Rendibiliza o teu
perfil profesional en redes sociais (o mércores 15), Saca as
túas fotografÃas para o comercio electrónico (o venres 17 ás
13:00 horas), LinkedIn: a túa rede de networking (o xoves 23)
e, por último, Google Analytics: interpretación dos datos e toma
de decisións (o luns 27). Todas elas, agás onde se indicou o
contrario, comezarán ás 19:00 horas. Con anterioridade, a vila
tamén acolleu o curso Unifica a xestión das túas redes sociais
con Hootsuite o pasado 2 de xuño.
En Pontevedra, os obradoiros do CPAE 2.0 neste mes
comezan o sábado 11 ás 11:00 horas con Imos chamar á porta da
túa clientela. Posicionamento SEO e seguirán con Unifica a
xestión das túas redes sociais con Hootsuite (venres 17), Como
empregar Google e Google Apps for Business (o mércores 22),
Google Analytics: interpretación dos datos e toma de decisións
(sábado 25 ás 11:00
horas), Como facer unha campaña exitosa de publicidade en Google?
(o martes 28) e, para rematar, Edición de fotografÃa para
plataformas de comercio electrónico (o xoves 30). Agás nos
casos nos que se indicou o contrario, o horario de inicio dos
obradoiros é as 19:00 horas, e todas elas serán desenvolvidas no
Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra.
En último lugar, en Vigo (na sede da Deputación de
Pontevedra) impartiranse os obradoiros Edición de fotografÃa
para plataformas de comercio electrónico (o martes 7), A túa
información sempre á man, almacenamento na nube (o luns 13),
Como empregar Google e Google Apps for Business (o sábado
18), Deseña sinxelamente imaxes abraiantes e profesionais (o
mércores 22) e Xestiona o teu negocio dende o móbil (o
mércores 29), todas elas a partir das 19:00 horas agás a celebrada
durante o sábado, que comezará ás 11:00 horas. Con anterioridade,
Vigo tamén acolleu o pasado venres 3 de xuño o obradoiro Coñece
as últimas solucións TIC para a xestión de reservas.
As persoas interesadas poderanse inscribir e obter
información a través da páxina cpae20.depo.es,
previo rexistro, e o teléfono 886 20 20 20.