A Deputación de Lugo permite seguir os seus plenos a través da Internet

mércores, 30 de xaneiro do 2013 Redacción

A Deputación de Lugo estreou este martes un servizo de streaming que facilita o seguimento en tempo real dos seus plenos que teñen lugar os últimos martes de cada mes ás 11:00 horas e que poden seguirse a través da páxina web da entidade, o que facilita que os cidadáns poidan “coñecer de primeira man e dende calquera parte do mundo o funcionamento dos órganos da provincia e das decisións que tomen”, segundo comentou José Ramón Gómez Besteiro, presidente da Deputación.
Para o desenvolvemento desta solución tecnolóxica o organismo provincial valeuse dos técnicos profesionais da Fundación TIC, e durante a primeira xornada de retransmisións a través da Internet contouse coa colaboración de bolseiros da Escola de Imaxe e Son, que aproveitaron a oportunidade para realizar prácticas reais que complementan os coñecementos técnicos de calidade que reciben na EIS.

PUBLICIDADE