A Deputación de Lugo inicia un novo programa de dixitalización das administracións provinciais

venres, 7 de maio do 2010 Redacción

Hoxe inaugurouse a Xornada de Lanzamento do programa tecnolóxico Innova-TE, co financiado no 70% polo Ministerio de Administracións Públicas, e co que a Deputación de Lugo inicia oficialmente o proceso de implantación da administración electrónica na Deputación e nos 66 Concellos da provincia.
O evento contou co a participación da secretaria do Estado de Función Pública, Consuelo Rumí e do presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, quen subliñou que «este encuentro marca un antes y un después en la trayectoria de esta institución, de los Ayuntamientos y de los ciudadanos de esta provincia. Hoy arranca oficialmente la administración sin papeles y la administración abierta 24 horas. En este partido, todos llevamos la misma camiseta: la de las nuevas tecnologías. Diputación y Concellos lucharemos por un triunfo compartido, siendo corresponsables de los éxitos y resultados».
Durante estes meses, o organismo provincial traballou para pór en marcha esta iniciativa que ten un investimento de 9 millóns de euros.
En total, no prazo de 12 meses levaranse a cabo 40 procedementos na Deputación e 80 e canda un dos Concellos de ámbito de actuación do programa. No caso do organismo provincial, crearase un procesador de datos con servidores e capacidade de Internet, resolvendo os problemas actuais de acceso á rede, e estreando un novo portal web apostando polo software libre. Como exemplos, Gómez Besteiro explicou que os funcionarios poderán pedir duplicados de nóminas, certificación de retencións do IRPF para facer a declaración da renda, inscrición en accións formativas, trámites de contratación de obras e subministros, etc
Así mesmo crearase unha pasarela de pagos. Os cidadáns poderán consultar a bolsa de emprego do seu expediente a través da sinatura electrónica e a notificación das subvencións realizarase electronicamente. A institución provincial tamén acollerá un Centro de Asesoramiento Empresarial, una plataforma única e multicanle, onde se vai informar e resolver dúbidas sobre a administración electrónica a emprendedores, veciños, traballadores.

PUBLICIDADE