A Deputación de Lugo inaugura en YouTube o seu ciclo de xornadas para reactivar o turismo
luns, 8 de xuño do 2020
A
Deputación de Lugo celebrou este luns o seu primeiro foro Abrindo
as portas: o rexurdir do turismo. Celebrouse en formato
integramente online e tivo o obxectivo de abordar as claves
para xerar confianza na cidadanía de cara á recuperación do sector
e, tamén, da provincia como destino. O xefe de área de Turismo
Sostible da Secretaría de Estado de Turismo, Ricardo Blanco
Portillo, e a deputada de Turismo, Pilar García Porto, participaron
na primeira sesión que se retransmitiu en directo na
canle de YouTube dos Servizos Audiovisuais. Estes encontros de
acceso libre e gratuíto continuarán o mércores e xoves desta
semana e os vindeiros días 15 e 17.
A
deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo,
Pilar García Porto, participou no primeiro dos foros dixitais
Abrindo as portas: o rexurdir do turismo que organiza a
institución provincial no marco da campaña En Lugo, Si.
Esta primeira sesión consistiu nun relatorio sobre sustentabilidade
e confianza como claves para reactivar o sector, dirixida polo xefe
de área de Turismo Sustentábel da Secretaría de Estado de Turismo,
Ricardo Blanco Portillo.
O
responsábel da dita entidade estatal incidiu neste foro na
necesidade de “aplicar boas prácticas no sector turístico que
xeren confianza no conxunto da cidadanía no novo escenario
post-COVID-19”, e por iso salientou as guías
con medidas hixiénicas-sanitarias elaboradas pola institución
pública á que pertence, e que están dispoñíbeis de xeito
gratuíto para o sector. “Temos que aplicar un conxunto de medidas
específicas ante a nova situación, pero non abonda con iso, senón
que a confianza no cidadán debese xerar aplicando boas prácticas en
materia de sustentabilidade turística, que é o que dá ese valor
engadido ao produto que nós ofrecemos”, dixo.
O
relator debullou as ferramentas coas que a Secretaría de Estado
establece sinerxías coas empresas, asociacións e entidades
público-privadas para fortalecer o tecido turístico español. Por
exemplo os Clubs de Produtos Turísticos de España, que axudan á
promoción de produtos autóctonos ao traballar baixo o mesmo
paraugas. É o caso da Ruta do Viño, Ecoturismo en España, Saborea
España, Cidades Patrimonio da Humanidade ou Turismo de Saúde.
Blanco
Portillo puxo exemplos de ferramentas coas que xa están traballando
vencelladas ás novas tecnoloxías na Rede de Destinos Turísticos
Intelixentes, ente ao que a Deputación de Lugo acaba de adherirse.
“Estamos ideando aplicacións que permiten coñecer o fluxo dos
visitantes e detectar se se producen aglomeracións en tempo real,
para así poder actuar en consecuencia e establecer límites de
capacidade acordes á realidade de cada escenario, como poden ser as
praias ou calquera punto de interese turístico”. Neste sentido, a
deputada de Promoción do Territorio puxo en valor que a institución
forme parte deste organismo que fortalece as iniciativas que poñen
en marcha as entidades ao traballar con asesoramento e en rede.
Participantes
nos encontros de turismo online
Todos
os foros de turismo online comezarán ás 11:00 horas e
contarán coa participación da deputada de Turismo, Pilar García
Porto. O mércores 10 de xuño, no diálogo con representantes de
colectivos empresariais intervirán as asociacións galegas de
Albergues Privados -AGALBER-, de Axencias de Viaxes – AGAVI-, de
Empresas de Turismo Activo e de Natureza – AGETAN-, xunto ás
asociacións provinciais de Empresarios de Hostalería de Lugo
–APEHL-, e de Guías de Turismo de Galicia -APIT GALICIA-.
O
xoves 11 de xuño, no diálogo con representantes de institucións,
entes de xestión e promoción e sociedade civil intervirán a
alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o presidente do Consorcio de Turismo
da Ribeira Sacra, Luis Fernández Guitián, o presidente da
Federación Galega de Municipios e Provincias, Alberto Varela Paz, o
presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense,
Francisco Cajoto, a delegada da S.A. do Plan Xacobeo e Comisaria do
Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, o presidente da Federación Veciñal
Lucus Augusti, Jesús Vázquez Varela, e o presidente da Asociación
Galega de Amigos do Camiño de Santiago, Manuel López Vázquez.
O
luns 15 de xuño, noutro diálogo con colectivos empresariais
participarán representantes da Asociación de Vivendas Turísticas
de Galicia -AVITURGA-, Asociación de Balnearios de Galicia,
Federación Galega de Comercio, Federación Galega de Turismo Rural e
Asociación de Profesionais do Turismo de Galicia -PROTURGA-.
O
mércores 17 de xuño, no debate Traballando por unha hostalería
segura intervirán representantes da Asociación Provincial de
Empresarios de Hostalería de Lugo -APEHL-, Hostelería de España e
da Horeca Data e Proyecto Hostelería Segura.