A Deputación de Lugo conclúe a nova edición do evento virtual Musapalabra

luns, 28 de xaneiro do 2019 Redacción

Este luns 28 de xaneiro finalizou o Congreso Musapalabra, unha actividade de debate e divulgación arredor das artes impulsada pola Rede Museística da Deputación de Lugo e coordinado por 79 profesionais procedentes de museos, universidades e entidades de todo o mundo (países como México, Costa Rica, Uruguai, Arxentina, Brasil, España, Italia, Portugal, Andorra ou Siria), amais de artistas a título individual. O congreso, que xuntou 437 persoas inscritas, xirou nesta edición arredor da temática da emigración. Como gran novidade, incluíu un formato especialmente innovador.
Este formato elixido brindou aos asistentes acceso a videoconferencias, un espazo común de clases virtuais e conferencias na rede YouTube. Amais, achegouse aos participantes material complementario e varios foros en directo, que se mantiveron activos por escrito en tempo diferido.
O éxito congreso, que se leva desenvolvendo dende o 14 de decembro de 2018, sentou os alicerces da nova edición, que segundo confirmou a Deputación vai repetir feitura innovadora e, ademais, co engadido extra de fornecer un escenario real e dixital para o debate e a reflexión sobre cuestións de xénero, primeiro virtualmente e, posteriormente, en formato presencial no vindeiro mes de maio.
A coordinación xeral do Congreso Virtual Musapalabra Migración estivo a cargo de Encarna Lago e Silvia Fiallega da Rede Museística, e de Leonardo Casado como membro da Asociación Trabajadores de Museos y el Observatorio de Museos Universitarios de la Universidad Nacional de La Plata e Patricia Torre que pertence a rede de Museos Creativos. Para a realización deste proxecto contouse coa colaboración na secretaría xeral técnica do congreso presencial de Silvia Fiallega, Fernando Arribas e Antonio Reigosa.

PUBLICIDADE