A Deputación de Lugo abre 2018 achegando aos maiores da provincia 51 obradoiros TIC
xoves, 11 de xaneiro do 2018
A
Deputación de Lugo comeza 2018 apostando forte polas novas
tecnoloxías e, tamén, por acurtar a distancia entre estas
ferramentas (cheas de posibilidades e vantaxes para o noso día a
día) e a cidadanía. Froito deste compromiso renovado polo dixital
son os 51 cursos e obradoiros que a entidade provincial vai celebrar
durante o primeiro trimestre de ano, ao abeiro do programa InLugo.
As
actividades foron dadas a coñecer hoxe polo presidente da
Deputación, Darío Campos, nun multitudinario encontro os usuarios
de InLugo
e das súas vertentes formativas e de envellecemento activo pola vía
TIC. Serán, en total, 731 prazas, dirixidas todas elas aos maiores
da provincia.
Segundo
fixo saber Darío Campos, a dita programación vai alén do puramente
formativo, entra de cheo nos terreos do social, da saúde, do
participativo e do inclusivo. “O fomento
do uso das novas tecnoloxías entre os maiores da provincia”,
explicou,
“desempeña un importante labor social do que me sinto
especialmente satisfeito”. Segundo
engadiu, este compoñente social
vese reflectido na alta demanda, “xa que as diversas actividades
organizadas en 2017 superaron os 2.500 usuarios”.
Campos
tamén fixo fincapé na utilidade das ferramentas dixitais, non só
como canles de información e comunicación, senón tamén como
recursos para estarmos no mundo: “Son útiles porque nos axudan no
noso día a día e permiten que
esteamos en contacto cos nosos seres queridos e coa sociedade en
xeral, algo especialmente importante cando nos imos facendo maiores,
porque promoven un envellecemento activo e favorecen a nosa
autonomía”.
Campos
dixo aos usuarios que asistiron ao acto que “sodes a mellor proba
de que aprender non ten idade, e todo un exemplo para aquelas persoas
que cren que son demasiado maiores para introducirse neste mundo”.
Por esta
razón, convidou aos participantes de
InLugo a
que comproben “que o uso de Internet ou dos móbiles é moito máis
doado do que parece”.
As
novidades do programa
Das
51 actividades que inclúe a programación do primeiro trimestre, 28
serán cursos ordinarios. Segundo
concretou o presidente da Deputación, haberá
novamente actividades
formativas
básicas
de uso de Internet ou móbil para aqueles que estean a
dar os seus primeiros pasos na Sociedade do Coñecemento.
Polo
que respecta ás
novidades, salientou
a convocatoria de
“obradoiros máis específicos”, como os de banca electrónica ou
talleres sobre servizos
de
mensaxes
instantáneas
como
Messenger ou Whatsapp. Asemade,
engadiu, incrementarase
o número de talleres adicados
ao retoque fotográfico, unha das actividades máis demandadas polos
usuarios.
Os
outros 23 cursos serán de repaso. “Neste caso están especialmente
destinados aos maiores que xa participaron nos cursos habituais. O
obxectivo é refrescar o aprendido, polo que teñen uns contidos moi
prácticos”.
Aberto
o prazo de inscrición
O
máximo responsábel
provincial anunciou que o prazo de inscrición para o primeiro
trimestre ábrese hoxe
mesmo,
11 de xaneiro, e animou aos interesados “a que se apunten canto
antes xa que as prazas soen cubrirse ás poucas horas”. De feito,
dixo,
en 2017 houbo máis do dobre de inscritos que de prazas. As
persoas interesadas poden
reservar
praza
a través das webs www.fundaciontic.org
e www.deputacionlugo.gal
ou chamando ao teléfono 982 225 186.