A Deputación da Coruña impulsa 18 proxectos culturais innovadores

xoves, 20 de decembro do 2018 Redacción

Un total de 18 iniciativas culturais innovadoras están a coller pulo a través das axudas da Deputación da Coruña. Máis polo miúdo, a través da área de Cultura que dirixe Goretti Sanmartín, que destina 214.533 euros a “iniciativas de especial relevancia cultural e social”, singulares e innovadoras. Entre os proxectos impulsados figura unha proposta integral para mostrar mulleres na historia, un repositorio documental, unha plataforma de performance (a plataforma De corpos presentes, alentada Sabela Mendoza) por ou unha revista en liña (a revista de contidos dixitais Vinte, promovida por María Yáñez).
“Queriamos apoiar proxectos singulares, axudar a que iniciativas culturais de especial valor social, patrimonial ou creativo puidesen levarse a cabo", sinalou a vicepresidenta provincial, engadindo que se trata dunha “iniciativa novidosa que completa o mapa de liñas de subvención en concorrencia competitiva incluíndo, por vez primeira a posibilidade de apoiar propostas presentadas por entidades lucrativas”. Asemade, salientou que as propostas teñen en común o feito de abordar dende a cultura contidos de carácter social, medioambiental, patrimonial ou comunitario. Todas elas comparten a busca dunha sociedade máis igualitaria e máis xusta, engadiu.

PUBLICIDADE