A Coruña xa conta con 20 iniciativas de emprendemento xuvenil dentro do proxecto Yuzz
luns, 26 de novembro do 2012
A conselleira de Traballo e Benestar en funcións, Beatriz
Mato, visitou hoxe o centro Yuzz
de Santiago con motivo da súa entrada en funcionamento. En Galicia, esta
rede –que ten un total de 35 centros en España- conta con instalacións en
Ourense, Santiago e Vigo co obxectivo de impulsar un máximo de 20 iniciativas
emprendedoras nestas tres provincias.
O programa pon a disposición dos seleccionados o soporte
necesario para desenvolver a súa idea no mercado: unha rede de expertos,
formación empresarial, asesorÃas e titorÃas personalizadas, unha plataforma de
traballo colaborativo en liña, asà como todo o soporte administrativo e
xurÃdico preciso en caso de que a súa idea poida materializarse nun proxecto
empresarial.
Unha vez finalizado o proceso de formación e asesoramento de
sete meses de duración que se realiza en todos os centros Yuzz, os mellores
participantes realizarán unha viaxe a Silicon Valley, a meca mundial da
innovación no eido das novas tecnoloxÃas. Ademais, ao concluÃr o ano, os tres
mellores proxectos de entre todos os finalistas a nivel nacional recibirán unha
dotación económica (30.000, 20.000 e 10.000 euros) para colaborar na
materialización da súa idea empresarial.
A
provincia da Coruña xa conta con un total de 20 iniciativas de emprendemento
xuvenil para formar parte do proxecto Yuzz, impulsado pola Fundación
Banesto coa colaboración da ConsellerÃa de Traballo e Benestar. Esta
iniciativa, dirixida á xuventude entre os 18 e os 30 anos, ten como obxectivo
estimular ideas innovadoras de base tecnolóxica que poidan ser susceptibles de
traducirse nun proxecto empresarial.