A Coruña acolle unha xornada sobre comercio electrónico para empresarios
luns, 26 de xaneiro do 2009
O vindeiro xoves 29 de xaneiro, terá lugar na Coruña, unha
xornada sobre comercio electrónico, que organiza AECEM
para fomentar o emprego das TecnoloxÃas da Información e a Comunicación (TIC)
na nosa comunidade.
O crecemento do comercio electrónico en España é, a pesares
da crise económica que estamos a sufrir, unha proba da fortaleza da canle en
liña e a súa importancia para o futuro da nosa economÃa.
A Asociación de Comercio Electrónico e Marketing Relacional
(AECEM), vén de anunciar, a propósito disto, a celebración da devantida
xornada, que reunirá a empresarios locais nunha serie de seminarios que
versarán sobre o mercado en liña, os produtos máis demandados na web, os
elementos dunha tenda electrónica, os medios de pago…
Esta mesma actividade terá lugar noutras 10 cidades
españolas, o que permite que os profesionais interesados poidan achegarse
persoalmente e coñecer, da man de expertos especializados, as ferramentas
necesarias para comezar a operar a través de Internet.
Os empresarios galegos poderán beneficiarse o vindeiro xoves
deste programa, intercambiando experiencias e familiarizándose coas TIC de
xeito natural. A xira complementarase coa publicación dun Libro Blanco do Comercio Electrónico, unha guÃa práctica de balde
para pequenos empresarios.