A Catedral de Santiago e o CPEIG asinan un acordo de colaboración

venres, 15 de xullo do 2016 Redacción

Na tarde deste 14 de xullo asinaron un acordo a Catedral de Santiago e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), co obxectivo de “manter unha colaboración estábel dirixida á promoción e á introdución das novas tecnoloxías no eido da difusión cultura e espiritual do conxunto relixioso compostelán”. Segundo fixeron saber ambas entidades nun plano máis concreto, o acordo consiste en xuntar recursos e cooperar para afianzar o uso das TIC e tirar partido da Sociedade da Información para “a promoción, fomento, difusión e posta en valor da Catedral de Santiago e o Camiño de Santiago”.
A colaboración, que a medio prazo irá dando froitos en medidas concretas de promoción pola vía das novas tecnoloxías, ficou plasmada no convenio asinado polo presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, e o administrador xeral da Catedral, Gonzalo García Figueroa.

PUBLICIDADE