A Cámara de Santiago móstranos as ferramentas que nos axudan a aumentar a produtividade

venres, 11 de novembro do 2022 S. P.

A Cámara de Comercio de Santiago, ao abeiro da súa participación nas Oficinas Acelera PEME de Red.es, vai organizar un novo obradoiro de transformación para axudar ás empresas a render mellor coa axuda das novas tecnoloxías. O obradoiro Coñece ferramentas dixitais para aumentar a produtividade da túa empresa vaise celebrar este 17 de novembro en horario de 10.00 a 11.30 horas.
A xornada formativa será impartida por Javier Fernández, experto en procesos de dixitalización. Inclúe, de entrada, a presentación dos obxectivos e estratexias da Oficina Acelera PEME, para logo abordar o seguinte plan de contidos:
-A revolución tecnolóxica: da economía lineal á economía circular.
-Tecnoloxías dixitais. Descrición e aplicacións.
-Novas formas de traballo.
-Organización e recuperación da información. A nube.
-Principais suites ofimáticas en liña.
-Xestión do correo electrónico, calendarios e marcadores sociais.
-Buscadores e ferramentas para transformar a información en coñecemento.
-Ferramentas de comunicación audiovisual de equipos.
-Ferramentas de xestión de equipos en remoto.
-Aplicacións para realizar presentacións en liña.
-Novos conceptos dixitais.
As Oficinas Acelera Peme (OAP) inclúense no Programa Operativo Plurirrexional de España FEDER 2014-2020 (POPE), co-financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e pola Entidade Pública Empresarial Red.es.

PUBLICIDADE