A Cámara de Santiago mostra as posibilidades das TIC para competir e vender máis

luns, 8 de marzo do 2021 Redacción

A Cámara de Comercio de Santiago vai organizar o vindeiro 16 de marzo unha sesión divulgativa e ilustrativa sobre transformación, Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e competitividade. Trátase dunha xornada para dar a coñecer os detalles da convocatoria 2021 do programa TICCámaras e para mostrar o potencial das novas ferramentas dixitais para aumentar as vendas.
Contarase coa presenza de José Manuel Castro, director executivo (CEO) de Software Compostela SL, e Marcos Dacosta, director executivo de Invibt Diseño y Desarrollo Web Sl. Falarán sobre como integrar ferramentas tecnolóxicas na nosa empresa para facer voar a competitividade, a eficiencia e a rendibilidade.
A xornada dará comezo ás 10.00 horas. Será telemática e de balde. As persoas interesadas en participar poderán formalizar a súa inscrición a través da web da Cámara de Santiago. Contarase, tamén, coa presenza de Anselmo Díaz Romero, asesor tecnolóxico do programas TICCámaras.

PUBLICIDADE