A Cámara de Comercio prepara cursos e xornadas sobre venda en liña e xestión das PEME
xoves, 12 de marzo do 2015
A
Cámara de Comercio de
Santiago vén de anunciar novos cursos para os vindeiros meses,
amais de xornadas profesionais de interese para os seus membros,
sobre todo porque xirarán arredor de cuestións como as novas
tecnoloxÃas, a informática aplicada á xestión, o comercio
internacional e o emprendemento, temáticas que as nosas empresas
deben dominar, si ou si, sempre e cando o seu reto sexa o crecemento
e a competitividade. Neste senso, a entidade informa que programou xa
varias xornadas que tratarán de desenvolver temas moi demandados
arestora polo sector, coma a venda en liña para empresas comerciais,
a xestión das pequenas e medianas empresas ou xornadas de personal
shopper para incentivar as vendas.
Tamén
haberá actividades formativas sobre contabilidade e fiscalidade,
recursos humanos, comercio e vendas, idiomas. As beneficiarias serán
as empresas dos trinta e dous concellos da demarcación cameral.
Para
máis información e para ir formalizando as inscricións,
recoméndase acudir
ao apartado dixital especÃfico sobre as actividades divulgativas
vindeiras para os seguintes meses.