A Cámara da Coruña renova os seus sistemas TIC para mellorar a calidade dos seus cursos

mércores, 30 de marzo do 2022 S. P.

A Cámara da Coruña vén de comunicar a renovación da totalidade dos equipos informáticos do seu Centro de Formación e do Viveiro de Empresas, situado no Polígono de Bértoa. Este investimento nos seus sistemas TIC é froito do Plan de Mellora Continua que a entidade iniciou en 2021 co dobre obxectivo de “ofrecer unha mellor calidade dos seus servizos” e “mellorar a súa operativa interna”.
Formación presencial
Os vindeiros cursos dirixidos a empresas que a Cámara ofrece no seu Centro de Formación e que teñen matrícula aberta son sobre a realización de auditorías Internas, mercadotecnia online, teletraballo, xestión aplicada de loxística e almacén, Excel e liderado.
Os mozos menores de 29 anos e inscritos no Programa PICE da Cámara tamén poden inscribirse en cursos sobre xestión de restauración, apoio a xestoría, maquillaxe, administración de servizos da saúde, cociña ou elaboración de páxinas web, entre outros.
As persoas maiores de 45 anos interesadas en reinserirse no mercado laboral teñen a oportunidade de mellorar a súa empregabibilidade en cursos sobre ofimática ou dixitalización, entre outros.
Formación en liña
Ademais, a Cámara ten unha ampla oferta formativa na modalidade online que se pode consultar na súa páxina web www.camaracoruna.com.

PUBLICIDADE