A Cámara da Coruña equipa con formación tecnolóxica aos novos emprendedores

luns, 21 de novembro do 2022 S. P.

A Cámara da Coruña programou estes días dúas xornadas formativas enfocadas a facilitar, de forma ordenada e cronolóxica, os pasos para iniciar un proxecto empresarial, desde a perspectiva da mercadotecnia, do dereito, da informática ou das finanzas. Os obradoiros están dirixidos a emprendedores que estean a dar os primeiros pasos do seu negocio, persoas interesadas en iniciar o seu propio proxecto empresarial, persoas autónomas ou calquera profesional interesado en ampliar coñecementos.
O programa, común ás dúas xornadas, divídese en catro bloques nos que técnicos da Cámara da Coruña impartirán formación específica sobre naming, obxectivos comerciais, sinatura electrónica, rexistro e alta de empresas, presenza en Internet ou plans de viabilidade, entre outros aspectos clave á hora de poñer en marcha un negocio.
O primeiro taller, Como crear a miña propia empresa: O método DIY (Do It Yourself), será o 24 de novembro na Aula CeMIT do concello de Sada, de 9.30h a 13.30h.
O segundo obradoiro desenvolverase entre o 30 de novembro e o 1 de decembro, na sede a Cámara da Coruña.
A matrícula para ambos os talleres é gratuíta e os interesados poden inscribirse e consultar os respectivos programas nas seguintes ligazóns: taller Sada; taller A Coruña.

PUBLICIDADE