A COFER brinda ás empresas un curso de transformación tecnolóxicas con seis sesións (temáticas)

luns, 18 de setembro do 2023 S. P.

A Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (COFER), en colaboración co Concello de Ferrol, levará a cabo un programa gratuíto de apoio e asesoramento para empresas da contorna con vistas a facilitar a súa transformación e, en consecuencia, aumentar a súa visibilidade, a súa presenza nos mercados, a súa competitividade e a súa xestión. Impartiranse 3 cursos formativos en liña con acceso a mentorías individuais, orientados á dixitalización, ao fomento da economía circular e á internacionalización empresarial.
O primeiro deles, centrado no fomento da transformación dixital, dará comezo o próximo 28 de setembro e consta de seis sesións formativas teórico-prácticas que se impartirán os martes e xoves, en horario de 16:00 a 20:00 horas (achégase cartel informativo)
As inscricións poden formalizarse a través do formulario específico habilitado.
Inclúe as seguintes sesións:
-Oportunidades de negocio no territorio que representan as novas tecnoloxías. O 28 de setembro de 16.00 a 20.00 horas.
-Da idea ao modelo de negocio dixital. Transforma o teu modelo nun modelo dixital. O 3 de outubro de 16.00 a 20.00 horas.
-Quen é o meu cliente dixital? Descobre novos nichos de mercado. O 5 de outubro de 16.00 a 20.00 horas.
-Xestión do cambio cara á dixitalización. O 11 de outubro de 16.00 a 20.00 horas.
-O Digital Journey Map, que tecnoloxías podo incorporar? O 17 de outubro de 16.00 a 20.00 horas.
-Constrúe o teu MVP Dixital. Deseña novos produtos e servizos. O 19 de outubro de 16.00 a 20.00 horas.

PUBLICIDADE