A CNMC considera inxustificada a taxa Google (ou canon AEDE) que quere aprobar o Goberno

mércores, 28 de maio do 2014 Marcus Fernández

A reforma da Lei de Propiedade Intelectual que está a preparar o Goberno está a resultar bastante polémica, e non só conta coa oposición de usuarios e agregadores de contidos por mor da chamada taxa Google (ou canon AEDE), senón que agora é a propia Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) a que publica un informe no que se cuestiona o devandito gravame, por considerar que non parece existir unha competencia directa dos agregadoras de novas respecto ás páxinas web de información que faga precisa unha contraprestación económica.
O informe especifica que existen solucións técnicas, sinxelas e de balde que reservan ao titular do dereito de propiedade intelectual a posibilidade de que a agregación se realice ou non (por exemplo, a través do ficheiro robots.txt); cuestionan que os agregadores de novas compitan cos medios chegando a asegurar que son todo o contrario (de aí que os editores realicen importantes investimentos para saír ben posicionados nos buscadores); consideran que de existir unha compensación “seria ineficiente determinar a priori e de xeito xeneralizado tanto a contonía como a dirección na que deben realizarse os pagamentos”; considera que o tráfico que provén dos agregadores xa “xera ou pode xerar outros ingresos distintos da subscrición, principalmente publicitarios”; destaca que a compensación económica aos editores suporía unha barreira de entrada para os novos agregadores de novas, desincentivando a creación de novos agregadores; suporía un prexuízo para os consumidores; e incluso critica que o Proxecto de Lei obrigue a que a compensación equitativa realícese a través de entidades de xestión de dereitos de propiedade intelectual (deixando tanto a outro tipo de entidades e aos propios titulares).
A CNMC conclúe instando a que se reflexione sobre o chamado canon AEDE e, de teimarse na súa aprobación, que cando menos se modifique “o carácter irrenunciable da compensación” e se elimine “a reserva de actividade que se concede ás entidades de xestión de dereitos de propiedade intelectual”.

PUBLICIDADE