A CEMMA lanza web para axudarnos a coñecer o comportamento das candorcas
mércores, 11 de xaneiro do 2023
A
plataforma galega CEMMA, Coordinadora para o Estudo de MamÃferos
Mariños, a través do seu proxecto Friendship-Orcas, e en
colaboración co Grupo de Traballo Orca Atlántica-GTOA, presentou
unha nova web destinada a achegar cumprida e exhaustiva información
sobre as candorcas, tentando botar luz sobre como actuar en caso de
atoparnos con elas nunha travesÃa marÃtima e conceptos prácticos
sobre o seu comportamento, os seus hábitos e a súa presenza nas
nosas costas. A web orcaiberica.org,
obra do deseñador galego Xulio
Marta, conta cun deseño sinxelo, reducido en canto a ligazóns
mais versátil á hora de ofrecer información, axilidade de
navegación e material gráfico sobre a especie, segundo salientou a
coordinadora sobre as caracterÃsticas principais do sitio.
Polo
que respecta aos idiomas nos que se ofrece a información son o
seguintes: inglés, español, francés e portugués. A través deste
sitio poden observarse as candorcas identificadas como Gladis,
é dicir, interactuantes cos barcos veleiros dende 2020, e tamén,
como dixemos, son incluÃdas recomendacións en caso de interacción
e mesmo o rexistro dos mapas de interaccións e os semáforos. Os
semáforos, para quen non o saiba, son gráficos onde os
especialistas reflicten as informacións enviadas polos navegantes,
unha información moi útil á hora de tomar decisións sobre os
lugares e datas máis axeitadas para a navegación evitando encontros
coas candorcas.
De
xeito complementario á nova web puxéronse en marcha novos portais
de redes sociais, no Instagram
e máis no Twitter.
Polo
que respecta ao proxecto Friendship-Orcas, foi un dos tres elixidos
para o seu financiamento por parte segunda edición do programa
Santander for the seas da Fundación Banco Santander para
protexer mares e océanos. Este proxecto pretende crear ferramentas
de divulgación e educación ambiental que promovan a información
sobre a especie, a permeabilización social do seu interese natural e
en definitiva contribúa a súa conservación.