A Biblioteca Dixital da Galeguidade estréase na web con 12 obras

luns, 14 de maio do 2012 Redacción

A Secretaría Xeral da Emigración vén de pór enmarca a Biblioteca Dixital da Galeguidade, que permite a consulta e descarga de 12 obras que conforman un primeiro bloque dos que conta cos dereitos de autor a entidade, dirixida por Santiago Camba, e que pretende así achegar estes recursos culturais á cidadanía no Exterior. As obras dispoñibles inicialmente editáronse entre os anos 1998 e 2001, dos que algúns xa non están dispoñibles en papel, polo que esta iniciativa tamén supón a permanencia no tempo deste legado cultural, ampliando tamén o seu público potencial.
Os títulos que estrean esta biblioteca virtual son Asociacionismo galego no Exterior (dous tomos), Autoconcepto en hijos de emigrantes, Casas de indianos, Dun Finisterrae a outro: a emigración galega á Patagonia, El Tercio de Gallegos, Galegos en América e americanos en Galicia, Galleguidad en la Argentina, Justa distribución del sufragio como poder, La emigración gallega al Río de la Plata, Memorial del último Reino Santiago de Chile, e Presencia eterna de gallegos en La Habana. A esta biblioteca virtual iranse engadindo paulatinamente as obras que vaia publicando a Secretaría Xeral da Emigración.

As obras pódense descargar en formato PDF ou ler directamente en liña

PUBLICIDADE