A Biblia modernízase e estrea versión para a Xbox 360

xoves, 12 de novembro do 2009 Marcus Fernández

A emerxencia do libro electrónico non está cinguida a pantalla do ordenador e aos e-readers, senón que tamén pode chegar a plataformas tan diversas como as consolas de videoxogos, de xeito que foi toda unha sorpresa que B&H, o editor de biblias con máis antigüidade nos EE.UU. decidiu lanzar o Bible Navigator X no Bazar de Xbox LIVE por 400 puntos (4,80 euros), de xeito que poderase consultar o Vello e o Novo Testamento dende a Xbox 360, podendo facer buscas, realizar marcas e outras opcións de personalización, aproveitando o feito de que «algunha xente atópase máis cómoda cun mando nas mans que cun libro».
Esta versión dixital da Biblia tamén estará dispoñible para PC, aínda que supomos que esta iniciativa limitarase aos EE.UU., pois o texto da Biblia está en inglés.

PUBLICIDADE