A Aula CeMIT do Concello de Boiro retoma a súa actividade con cursos formativos e un obradoiro

xoves, 14 de setembro do 2023 S. P.

A Aula CeMIT do Concello de Boiro retoma en setembro a súa actividade formativa en setembro con cursos de formación de inicio á informática e un obradoiro sobre equipamento disruptivo. A inscrición nos cursos está aberta e pode facerse directamente na Aula CeMIT do Centro Social de Boiro.
Os cursos que se van impartir nos meses de setembro e outubro son de Inicio á Informática, a celebrar entre o 18 e o 22 de setembro en horario de 10.00 a 12.30 horas. Vaise impartir tamén a formación de Inicio á rede Internet entre o 25 e o 29 de setembro no mesmo horario. Do 2 ao 5 de outubro de 10.00 a 12.30 horas, formación sobre correo electrónico webmail.
O día 19 de setembro, entre as 16.00 e as 20.00 horas, vaise impartir un obradoiro creativo sobre equipamento innovador (drons, 3D, lentes de Realidade Virtual, robótica) para a inclusión e capacitación dixital da cidadanía destinado a persoas adultas.
Toda a información sobre a formación e inscricións na Aula CeMIT do Centro Social de Boiro, no enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou nos teléfonos 981 84 26 35 ou 629 769 139.

PUBLICIDADE