A Aula CeMIT de Boiro comeza 2023 ofrecendo cursos de iniciación en novas tecnoloxías

mércores, 4 de xaneiro do 2023 S. P.

A Aula CeMIT do Concello de Boiro comezou o ano ofrecendo cursos de iniciación en novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) durante o mes de xaneiro. Segundo informaron fontes da aula de dinamización tecnolóxica, as inscricións están xa abertas e poden facerse directamente no espazo de formación do Centro Social de Boiro, no enderezo electrónico axentetic@boiro.org, no 981 84 26 35 ou no 629 769 139.
Vanse impartir catro cursos de iniciación e manexo de ferramentas: Inicio á informática será os días 9, 10, 11, 12 en horario de 10 a 12.30 horas; Inicio á rede Internet impartirase os días 16, 17, 18 e 19 de xaneiro en horario de 10 a 12.30 horas; Inicio ao correo electrónico será os días 23, 24, 25 e 26 de 10 a 12.30 horas e Google Drive será os días 31 de xaneiro e 1 de febreiro en horario de 10 a 12.30 horas.

PUBLICIDADE