A Aula CeMIT de Boiro achega novos cursos de iniciación á informática no mes de abril

mércores, 20 de marzo do 2024 S. P.

O Concello de Boiro amplía a oferta formativa da Aula CeMIT para o mes de abril coa incorporación de novos cursos de iniciación á informática e capacitación tecnolóxica, dirixidos a erradicar a fenda dixital entre a cidadanía. As inscricións están xa abertas e poden facerse na Aula CeMIT, no enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou nos teléfonos 981 84 26 35 ou 629 769 139.
Entre o 8 e o 30 de abril vanse desenvolver cursos de iniciación á Rede Internet (formación dixital básica, o 16 de abril, en formato presencial), aos primeiros pasos no ámbito da ciberseguridade (seguridade TIC básica, o día 23 de abril en formato presencial), ao correo electrónico (o 23 de abril en formato presencial) e aos trámites electrónicos básicos (Administración Electrónica, o 29 de abril en formato presencial). Serán en horario de 10.00 a 12.30 horas, na Aula CeMIT do Centro Social de Boiro.

PUBLICIDADE