A Asociación de Centros Homologados celebra este venres dúas xornadas sobre software libre

xoves, 18 de novembro do 2010 Fernando Sarasketa

A Asociación de Centros Homologados, da man do Grupo Academia Postal, organiza este venres 19 uns encontros sobre as vantaxes de empregar programas abertos de cara á navegación na Rede, a xuízo dos usuarios e desenvolvedores de software libre moito máis seguros, entre outras cousas porque a gran maioría das infeccións en liña non se dirixen a estas ferramentas. Máis polo miúdo, falamos das Xornadas sobre Software Libre, Internet Seguro, a desenvolver este 19 de novembro en Coruña e Ourense, e repetíndose o vindeiro fin de semana nas cidades de Lugo, Ferrol e Santiago. Trátase de xornadas abertas e de balde, previa inscrición e confirmación chamando ao teléfono 988 366 268.
As xornadas, segundo reflicte estes días a web do Centro Mancomún, divídense en dúas sesións: unha mostra teórica dos contidos e un obradoiro no que levar á práctica os contidos adquiridos na primeira sesión.
Entregarase diploma de asistencia ao finalizar a xornada.
· Xornada 1: Servidores Unix/linux
Xornada dirixida a persoal técnico interesado en adquirir coñecementos sobre a migración dos seus servidores a sistemas de código aberto. Esta xornada celebrarase nas seguintes cidades:
A Coruña
Venres 19 de novembro de 19:30 a 21:30 horas – Sesión teórica
Sábado 20 de novembro de 10:30 a 13:30 horas – Sesión práctica
A sesión teórica celebrarase no Hotel Trip Coruña, Ramón y Cajal , 53 e a sesión práctica nas instalacións de Academia Postal na Coruña.
Santiago
Venres 26 de novembro de 19:30 a 21:30 horas – Sesión teórica
Sábado 27 de novembro de 10:30 a 13:30 horas – Sesión práctica
A sesión teórica celebrarase no Hotel Torres de Compostela, Restolla, 24 e a sesión práctica nas instalacións de Academia Postal en Santiago.
Xornada 2: Seguridade do Software Libre
Xornada dirixida a persoal técnico interesado en adquirir coñecementos sobre o mantemento de sistemas seguros con software libre ou de fontes abertas. Esta xornada celebrarase nas seguintes cidades:
Ourense
Venres 19 de novembro de 19:30 a 21:30 horas – Sesión teórica
Sábado 20 de novembro de 10:30 a 13:30 horas – Sesión práctica
A sesión teórica celebrarase no Hotel Francisco II, Bedoya, 17 e a sesión práctica nas instalacións de Academia Postal.
Lugo
Venres 26 de novembro de 19:30 a 21:30 horas – Sesión teórica
Sábado 27 de novembro de 10:30 a 13:30 horas – Sesión práctica
A sesión teórica celebrarase no Gran Hotel de Lugo, Ramón Ferreiro, 21 e a sesión práctica nas instalacións de Academia Postal.

Ferrol
Venres 26 de novembro de 19:30 a 21:30 horas – Sesión teórica
Sábado 2 de novembro de 10:30 a 13:30 horas – Sesión práctica
A sesión teórica celebrarase en Toxos e Froles, Magdalena, 220 e a sesión práctica nas instalacións de Academia Postal.
Estas xornadas contan co financiamento do Plan Avanza do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e dos fondos Feder.

PUBLICIDADE