A Administración de Xustiza galega aforrará 392.000 euros/ano ao mudar o seu modelo de xestión

venres, 19 de abril do 2013 Redacción

A Xunta publica hoxe a licitación da contratación do servizo de impresión para as sedes xudiciais da Administración de Xustiza en Galicia, da área de Presidencia da Xunta e da Vicepresidencia e Consellería de Administracións Públicas e Xustiza. Este modelo de xestión substitúe o sistema de adquisición por compra polo de arrendamento, conseguindo un aforro anual de 392.000 euros en gastos de impresión e mellorando a prestación do servizo.
O novo contrato, por importe de 2,16 millóns de euros en catro anualidades dá prioridade a redución de custes e por iso, ante a necesidade urxente de renovar o equipamento actual, a Xunta avoga por cambiar o modo de prestar este servizo substituíndo o sistema de adquisición por compra polo de arrendamento reducindo o gasto e mellorando a prestación do servizo.
O novo contrato inclúe a dotación de ata 519 equipos de impresión, escaneo, copia e fax que dan servizo aos departamentos dependentes da Presidencia, da Vicepresidencia, e ás sedes xudiciais galegas. Neste último caso son equipos adaptados ao requisitos de seguridade, perfís dos usuarios e ás necesidades das aplicacións informáticas que se empregan no eido xudicial. Neste último ámbito é especialmente destacable a desigualdade do seu equipamento actual, con máquinas non dimensionadas para as necesidades da meirande parte dos xulgados e cun consumo moi alto pola súa obsolescencia.

PUBLICIDADE