A Academia Galega da Língua Portuguesa publica en liña o Léxico da Galiza

venres, 23 de xullo do 2010 Fernando Sarasketa

A Academia Galega da Língua Portuguesa, posta en marcha oficialmente hai dous anos para recuperar e pór en valor o patrimonio lingüístico e literario do país, vén de publicar na rede o Léxico da Galiza, un máis que completo conxunto de termos procedentes da nosa lingua aos que dende a Academia se pretende popularizar e evitar, en moitos casos, que se extingan pola influenza do castelán. Segundo informa Vieiros, o que se ofrece é unha segunda versión corrixida e aumentada do devandito léxico. A achega complétase cunha conta de correo dispoñíbel para enviar suxestións e consultas, que serán atendidas pola Comissão de Lexicologia e Lexicografia.
A idea da Academia, fornecendo aos internautas desta canle directa, é favorecer a participación cidadá na constitución e na mellora do léxico, e máis tendo en conta a “relevância social” desta participación.

PUBLICIDADE