A AMTEGA salienta a importancia da dixitalización dos sectores primarios e o impulso do software
venres, 16 de xuño do 2017
A Asociación de Empresas Galegas de Software
Libre (AGASOL) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
celebran hoxe en Santiago a II Xornada Colaboratic.gal para difundir e amosar
experiencias e boas prácticas de solucións de software libre aplicadas ao
ámbito rural e identificar novas sinerxÃas e espazos de colaboración entre
ambos sectores.
A directora da AMTEGA,
Mar Pereira, e o xerente de AGASOL, Luis Alberto Fernández, inauguraron o
encontro, que se se enmarca nas actividades do Plan de Software Libre 2017 impulsado
pola AMTEGA en colaboración cos principais axentes do ecosistema galego do
software libre como AGASOL.
Durante a súa intervención, Mar Pereira lembrou que o fomento
do uso do software libre e, en particular no sector empresarial, continúa a ser
unha aposta da estratexia dixital do Goberno galego. As actuacións concretas
neste eido recóllense no Plan anual de software libre, que vén desenvolvendo a
Xunta desde 2010. O pasado mes de maio publicouse o Plan deste ano con 110
actuacións, 40 delas en colaboración cos axentes do software libre galego.
O resultado desas medidas é un incremento no uso das
tecnoloxÃas libres, 8,5 de cada dez
empresas de Galicia con 10 ou máis empregados empregan software libre, o que
sitúa a Galicia por riba doutras Comunidades Autónomas como Madrid, Cataluña ou
o PaÃs Vasco Asà o indican os últimos datos do Observatorio da Sociedade da
Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA).
Ademais, a responsable da Axencia tecnolóxica da Xunta
destacou o papel do Centro Demostrador TIC de Galicia, que
continuará incrementando a oferta de demostracións e formación en Software
Libre e ofrecendo asesoramento ás PEME sobre ferramentas de software libre
adaptadas ás súas necesidades
Durante a 2017 reforzarase o Centro Demostrador TIC Virtual
con dúas novas aplicacións libres á disposición das empresas: a plataforma de
comercio electrónico WooCommerce,
xa dispoñible, e a solución de monitorización de redes, Zabbix. A estas iniciativas súmase tamén a difusión de solucións
libres para as empresas a través do renovado portal mancomun.gal e a través da
Oficina de Software Libre da AMTEGA.