A AMTEGA o CPDI da Xunta contribuirán a vertebración dixital de Galicia

martes, 24 de abril do 2012 Redacción

Pereira durante a presentación aos medios das instalacións do futuro CPDI da Xunta na Cidade da Cultura

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, indicou esta mañá en Toledo durante o IV Encontro do sector Público, Eficacia e Eficiencia na Administracións Públicas, organizado pola Fundación Dintel en Toledo., que o Goberno galego está a promover un modelo de xestión integrada das novas tecnoloxías na Administración galega para prestar mellores servizos, máis eficaces e con menor custe, evitando duplicidades administrativas e establecendo unha formulación de traballo por obxectivos.
A responsable do departamento autonómico afirmou que o Goberno galego entende as tecnoloxías da información como parte do desenvolvemento integral de Galicia, como soporte e panca de todo o cambio e o desenvolvemento que necesita a comunidade. Son, recalcou, unha panca do cambio social, cultural, educativo, dos servizos públicos, das PEME, das grandes empresas, de cada un dos ámbitos de actuación da Administración autonómica e da sociedade galega no seu conxunto.
Por iso, engadiu, o Goberno galego mantén a súa aposta por avanzar na construción dunha sociedade dixital baixo o convencemento de que investir nas TIC redundará nunha mellora a nivel económico e produtivo para Galicia. E nesa tarefa e sobre estes principios de eficiencia, austeridade e optimización do gasto a AMTEGA será o instrumento para avanzar nos obxectivos da Axenda Dixital.

PUBLICIDADE