A AMTEGA entrega material de última tecnoloxía á Aula CeMIT de Boiro

xoves, 23 de marzo do 2023 S. P.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) acaba de facer entrega de tecnoloxías avanzadas (material disruptivo) á Aula CeMIT do Concello de Boiro. Máis polo miúdo, foi a concelleira de Cultura e Educación, María Outeiral, a que fixo entrega deste material ao axente TIC do Concello para levar a cabo formación na aula. O material recibido foi: unha impresora 3D, un kit de consumíbeis, un equipo de robótica, drons, gafas de realidade virtual, controladores e un kit de placas de comunicación e programación que se empregarán para desenvolver novas actividades formativas nesta Aula CeMIT.
Engadir que o Concello de Boiro está adherido ao Plan de Reforma e Ampliación da Rede de aulas CeMIT, que ten como obxectivo dotar ás ditas aulas de material tecnolóxico punteiro para acadar unha experiencia formativa plena; reformar as aulas acorde ás últimas tendencias didácticas e tecnolóxicas; potenciar a formación adaptada ao marco galego e europeo; intensificar a presenza das aulas no rural e reforzar os servizos dixitais.

PUBLICIDADE