A AETG e o Colexio de Economistas da Coruña xuntan forzas

venres, 30 de novembro do 2018 Redacción

O presidente da AETG, Julio Sánchez Agrelo e o decano do Colexio Oficial de Economistas da Coruña, Miguel Ángel Vázquez Taín, veñen de asinar un convenio marco de colaboración para, nas súas palabras, “instrumentar e regular a súa colaboración de cara ao interese común de ámbalas dúas entidades e dos seus colexiados e asociados”. O acordo inclúe o desenvolvemento de actividades que enriquezan a xa de por si frutífera confluencia entre tecnoloxías de telecomunicación, por unha banda, e actividade económica e empresarial, pola outra: cursos, xornadas, conferencias, simposios ou seminarios.
Tamén se contempla o desenvolvemento de recursos que favorezan o intercambio e colaboración en todo tipo de proxectos, publicacións, traballos de investigación; a colaboración na elaboración e edición de publicacións, artigos, dossieres informativos e demais iniciativas que redunden en beneficio dos colectivos profesionais aos que representan e da sociedade en xeral.
A AETG leva a cabo este tipo de iniciativas, xunto co Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, co obxecto de “promover a cooperación e a colaboración para o desenvolvemento e a incorporación das novas tecnoloxías das telecomunicacións e da Sociedade da Información en diferentes ámbitos profesionais.

PUBLICIDADE