A AETG anticípase ao Día da Internet cunha xornada virtual

luns, 15 de maio do 2023 Redacción

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) conmemora o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2023 nunha xornada virtual na que conta coa participación de PuntoGal e Enxeñería sen Fronteiras, que terá lugar este martes ás 12:30.
Consistirá nun debate no que os participantes tratarán cuestións como a achega da tecnoloxía para o ben común, a contribución das TIC ao desenvolvemento dos países e a dixitalización nas diversas comunidades humanas. O debate estará moderado polo xornalista Manuel Blanco Casal, e os participantes serán concretamente Julio Sánchez Agrelo (presidente de AETG), Edita de Lorenzo Rodríguez (secretaria de PuntoGal) e José Mª Vara (presidente de honra de Enxeñaría Sen Fronteiras).
Está aberta a inscrición para poder participar nesta actividade a través de streaming.

A xornada virtual poderase seguir a través de streaming

PUBLICIDADE