A AEPD condena a creación dun grupo de WhatsApp por parte dun concello
xoves, 14 de decembro do 2017
A
Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) vén de publicar unha resolución
na que resolve
que o Concello de Boecillo (Valladolid) infrinxiu os artigos 4.2 e 10 da Lei
Orgánica de Protección de Datos, tipificadas como infracción grave nos artigos
44.3.c) e 44.3.d) respectivamente pola creación dun grupo de WhatsApp no que
incluÃron a veciños sen o seu consentimento, o que supón unha dobre infracción
por empregar o número de teléfono (dato persoal) dos afectados recollido
anteriormente para outras finalidades e compartir indebidamente tal información
(xa que todos os membros dun grupo de WhatsApp poden acceder ao número
telefónico do resto de integrantes).
Por desgraza este tipo de prácticas por administracións públicas só teñen como
consecuencia un apercibimento, cando no caso de particulares ou empresas as
sancións poderÃan chegar aos 600.000 euros. Temos que extraer desta resolución
a gravidade que supón a vulneración da LOPD que pode supor a creación de grupos
de WhatsApp de xeito indiscriminado, xa que nesa operación estamos a divulgar
información de ámbito privado que non sempre quere compartirse, polo que
debemos ser máis prudentes, tanto por respecto aos demais como para evitar as
elevadas sancións ás que poderiamos ter que enfrontarnos.