A AEAGG e AGFA Graphics presentan en Santiago as últimas novidades no sector das artes gráficas

venres, 16 de novembro do 2007 Raquel Noya

Co obxectivo de que os empresarios do sector coñezan as últimas novidades do mercado en materia de tecnoloxía dixital, a Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia (AEAGG) maila firma AGFA Graphics veñen de organizar unha xornada técnica de presentación de tecnoloxías de última xeneración en Santiago de Compostela. No devandito acto, que tivo lugar no salón de actos da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre, presentouse a Azura, un novo molde dixital que non require proceso químico e que, grazas ó láser térmico, a imaxe queda preparada para imprimir xusto logo despois da exposición.
Por outra banda, AGFA Grafihcs, que vén de incorporar Adobe PDF Print Engine no seu fluxo de traballo, presentou o Apogee X, versión 4.0, que garante as reproducións uniformes coa óptima calidade e que permite reproducir arquivos PDF dende a aplicación nativa dentro do fluxo de traballo, sen ter que igualar o material gráfico trasparente.

PUBLICIDADE